Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

SAÍDA AO BARBANZA

Este ano o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, fomos coñecer a
Península do Barbanza. 

Foron tres días de intensas actividades e experiencias. 

Visitamos o Museo do Mar de Rianxo; onde puidemos ver varios artes de
pesca e nos explicaron como construían os barcos de pesca de baixura. 

Estivemos na Lonxa de Ribeira, unha das máis importante de Europa pola
diversidade de especies capturadas, vendo como se venden as especies que
se capturan na zona. 

Fomos ao centro de interpretación das Dunas de Corrubedo; onde
aprendemos como tivo lugar a formación da Gran Duna Móbil e como coidan
e protexen o Parque Natural. 

Tivemos a oportunidade de profundar no coñecemento da nosa historia no
Museo Arqueolóxico de Neixón, o seu Castro e no castro de Baroña. 

Tamén fixemos snorkel, para observar o litoral e poder ver algunhas
especies mariñas, e estudamos as familias de animais que viven no mar e
no litoral. 

Gozamos da piscina e os espazos do cámping, e, sobre todo, vivimos e
compartimos momentos de xogo, convivencia e emocións con compañeiros,
compañeiras e profesoras. 

WhatsApp Image 2019-05-29 at 10.42.25 (1)