Educación Primaria
Nesta etapa educativa en Galén promovemos un alumnado motivado, implicado e feliz para desenvolver ao máximo as súas potencialidades, tanto a nivel intelectual, emocional como social.
Proporcionámoslle as ferramentas e estratexias necesarias para afrontar autonomamente o seu futuro e ensinámoslle a pensar de forma crítica e creativa, sendo o alumno o motor da súa propia aprendizaxe.
Ensino en Idiomas
- Clases de inglés con profesorado nativo.
- Maior número de horas, con desdobles de grupos.
- Plástica e educación física con inglés como lingua vehicular ata 4º de primaria.
- Francés a partir de 3º de primaria como segunda lingua estranxeira obrigatoria.
- Ampliación de oferta educativa en inglés todo o ano con English Club e English School e actividades de verán: campamentos en inglés, Urban English Camp e a partir dos 9 anos English Summer Camp.
- Proxecto de inmersión lingüística na cultura anglosaxona con actividades e talleres diversos como a celebración de Halloween.
Educación Individualizada e Educación en Valores
- Respectamos ritmos e estilos de aprendizaxe.
- Estreita relación do equipo docente co noso alumnado.
O Noso Labor Titorial:
Unha hora semanal de tutoría en todos os cursos de primaria: desenvolvemento de habilidades sociais, programa de intelixencia emocional, resolución de conflitos, traballo e técnicas de estudo.
- Seguimiento individual do alumnado.
- Información periódica ás familias tanto individual como colectivamente.
- Coordinación periódica do equipo docente.
- Apoio, asesoramiento e seguimiento por parte do Departamento de Orientación.
- Material didáctico propio.
- Clases de apoio e reforzo educativo.
Educación en Valores:
O diálogo como principio básico da convivencia. Crecemento do o noso alumnado nun clima de confianza mutua, de respecto, de sentido da xustiza e da solidariedad.
Cotorna
- Crecemento do noso alumnado nunha contorna natural.
- Aproveitamento dos recursos da contorna: bosque, charca, horto escolar, invernadoiro, estación meteorolóxica e Aula Medioambiental Trevia.
- Proxecto “Estadías de Outono”. En 1º, 3º e 5º de primaria o noso alumnado participa nun programa interdisciplinar con estancia de varios días nos que abordan contidos relacionados co medio natural potenciando as interaccións sociais e a cohesión grupal.
- Importancia do método científico nas áreas experimentais. Desenvolvemento ao longo do ano de diferentes actividades e proxectos, participación en eventos de carácter científico e tecnolóxico.
- Celebración anual da “Semana da Ciencia”.
- Ampliación e diversidade dos espazos de aprendizaxe a través de múltiples saídas: espazos naturais, colaboracións con Institucións, Fundaciones, Museos, que desenvolvemos ao longo do ano.
Distinguímonos Por:
- Programa de xadrez desde 1º a 4º de primaria.
- Programa de natación, en horario lectivo, en 1º e 2º de primaria.
- Talleres de idiomas, tic, música e de expresión oral e escrita.
- Celebración das “Xornadas da Cultura”.
- Proxecto “Do horto á mesa e da mesa ao horto.”
- Desenvolvemento das súas competencias en novas tecnoloxías: programa de mecanografía informática en 4º, 5º e 6º de primaria, uso habitual das novas tecnoloxías como ferramenta para a súa aprendizaxe e como coñecemento en si mesmo dentro do plan tic do centro.
- Impartición das asignaturas de educación plástica, visual e audiovisual e música en todos os cursos de primaria potenciando a súa sensibilidade artística.
- Educación en hábitos saudables e en deporte. Escola de Baloncesto.
- Oferta en actividades extraescolares, Escola de Música e Conservatorio Cantarela.