Metodoloxía
O noso modelo educativo desenvolve unha metodoloxía activa na que o alumnado é o protagonista na construción do seu propio coñecemento e no que o docente desenvolve o papel de guía, facilitador e acompañante no proceso de aprendizaxe fomentando a capacidade de sentir, pensar e crear.
O Noso Alumnado:
Investiga, xoga, descobre e divírtese.
- Observa, experimenta e toma decisións.
- É autónomo, crítico e creativo.
- Está implicado e motivado.
- Parte das súas propias vivencias, intereses e necesidades acadando unha aprendizaxe significativa e funcional.
- Realiza aprendizaxe colaborativa, creando vínculos de comunicación entre iguais.
- Comparte experiencias, séntese valorado polo grupo, adquirindo valores como a empatía, autoestima, actitude de escoita, responsabilidade, esforzo conxunto,…
- Descobre e xestiona as súas propias emocións, desenvolvendo as habilidades sociais e a relación cos demais, permitindo a comunicación e resolución de problemas.
- Entende a toma de decisións como un proceso de aprendizaxe en si mesma neste complexo mundo social dixital en continua evolución. Desenvolve as estratexias para saber decidir que información elixir e que aprender.
- Aprende, representa, procesa a información e comprende o mundo en función das Intelixencias Múltiples. Temos en conta as diferentes formas de enfrontarse as aprendizaxes dando resposta así a diversidade e proporcionamos estímulos diversos que activen as diferentes formas de aprender.