Bacharelato
O Bacharelato é unha etapa educativa voluntaria que comprende dous cursos académicos. En Galén, pódense cursar o Bacharelato nas modalidades de Humanidades e Ciencias Sociais e Ciencias con todas as vías e itinerarios, que garanten a posibilidade de acceder a calquera titulación Universitaria coa mellor preparación posible.
Esta etapa ten como finalidade proporcionar ao alumnado formación, madurez intelectual e humana, coñecementos e destrezas que permitan progresar no desenvolvemento persoal e social e incorporarse á vida activa e á educación superior.
Tendo en conta que a maioría do noso alumnado de Bacharelato ten como obxectivo proseguir estudos na universidade, consideramos de gran importancia que a súa preparación e as súas cualificacións nestes dous anos lles permitan acceder e afrontar con éxito a titulación que desexen
Ensinanza en Idiomas
- Amplo horario lectivo que nos permite reforzar as súas competencias en idiomas: Cun maior número de horas lectivas, desdobre dos grupos nas clases en inglés en toda a etapa,e clases de conversa impartidas por profesorado nativo.
- Desenrolo desta competencia consolidada co noso programa de Intercambios a diferentes países: no caso desta etapa cun intercambio con Dinamarca en 1º de bacharelato.
- Reforzo educativo de lingua inglesa fóra do horario lectivo, impartido polo mesmo profesorado de área.
Atención Individualizada e Educación en Valores
Importancia do noso labor titorial:
- Seguemento individualizado de cada un dos nosos alumnos e comunicación coas familias a través de reunions individuais e grupais.
- Apoio e seguemento do Departamento de Orientación.
- Coordinación periódica do equipo docente.
- Hora semanal presencial de titoria en 1º de Bacharelato na que os titores do grupo atenden e traballan por mellorar os seus hábitos e ferramentas de estudo e o desenvolvemento das súas habilidades sociais, tanto na resolución de conflitos como no acompañamento e orientación para o seu futuro profesional.
- Educando a cada alumno ou alumna conforme as súas capacidades, procurando o seu desenvolvemento persoal e fomentando motivacions.
- Empregando unha metodoloxía activa, propiciando a reflexión o razoamento e a análise crítica.
- Estreita relación do equipo docente co alumnado apoiando todo o proceso e seguindo de cerca o desenvolvemento educativo.
- Clases de Reforzo Educativo fóra do horario lectivo, impartido polo mesmo profesorado da área.
- Ampla experiencia na preparación das probas PAU e simulacro das probas.
- Importancia da Educación en Valores: o diálogo como principio básico da convivencia. Crecemento dos nosos alumnos nun clima de confianza mútua e de respeto, de sentido da xustiza e da solidaridade.
Contorna Natural
- Crecemento do noso alumnado nunha contorna natural.
- Importancia do método científico nas áreas experimentais. Desenvolvemento ao longo de todo o ano de diferentes actividades e proxectos, participación en eventos de carácter científico e tecnolóxico, celebración anual da “Semana da Ciencia”.
- Ampliación e diversidade dos espazos de aprendizaxe a través das múltiples saídas e actividades: espazos naturais, colaboracións con Institucións, Fundacións, Museos, etc, que desenvolvemos ao longo de todo o ano.
Distinguímonos Por:
- Desenvolvemento das súas competencias en novas tecnoloxías
- Oferta de actividades extraescolares e Escola de Música e Conservatorio Cantarela.
- Educación en hábitos saudables e no deporte. Escola de Baloncesto.