Galén conta cun servizo de cociña e comedor propios, onde se elaboran diariamente menús variados, sans e equilibrados con produtos frescos de tempada.
O noso servizo de comedor caracterízase por:
- Basearse na elaboración dos alimentos dun xeito sinxelo, con poucas especies e sales, e respectando os produtos.
- Contar con persoal de cociña cunha longa experiencia en comedores escolares, formado e cualificado para dar respostas axeitadas ás alerxias e intolerancias tanto ocasionais como persistentes.
- Ser o profesorado máis próximo e referencial ás nenas e nenos o que se encarga diariamente de atendelos á hora de comer.
- Promover hábitos saudables, de compostura social e de convivencia.
- Respectar o medio ambiente e o contorno, reducindo o desperdicio de alimentos. Toda a comunidade educativa está implicada na clasificación de residuos e na elaboración de compós para o noso horto.
- Evitar bandexas e cubertos plásticos utilizando utensilios similares aos dos fogares, (porcelana, cristal …) co fin de favorecer a xeralización das condutas adquiridas a todos os ámbitos da vida cotiá.
- A participación do alumnado no deseño de menús saudables, na súa compra e na súa preparación.
- Mercar os alimentos frescos no pequeno comercio de Lugo.
- Ofrecer un almorzo a media mañá para todo o alumnado e unha merenda tras as actividades da tarde.
O servizo de comedor é opcional e adaptase ás necesidades do alumnado e familias puidendo contratarse por meses, semanas ou días soltos.