As nenas e nenos de 3 ei e 1 ep estivemos tres días fóra da casa. Para algúns foi a primeira vez que pasamos tantos días fóra mais fíxosenos doado ao estar acompañados das nosas profes e compis e grazas ás estupendas monitoras que nos tiñan preparadas moitas aventuras e actividades xeniais.
Aldeanova é un lugar fantástco no que puidenos achegarnos á vida do campo, preto do bosque e dos animais e prantas que o habitan así como ao coidado dos animais domésticos: a burra Rosario, a vaca Nevada e o seu xatiño Tauro, Pirata o cabalo, Wilma a poni, a porca celta Celta, o canciño grandote Odín e as cabras, pitas, patos, ovellas e carneiros, os coellos…….unha chea de habitantes cos que convivimos.
Ademais fixemos obradoiros de semilleiros con papel reciclado, de pan, de astronomía, apicultura, de ciencia divertida…..buf e isto combinado con xogos, momentos de descanso na natureza, festa nocturna……tres días inesquecibles cheos de sensacións, emocións e experiencias.
Iniciamos esta aventura o mercores na praia de Cabanas e rematamos o venres cansos pero con gana de repetir.
Aqui tendes fotos que vos poden dar unha idea do vivido, mais… a experiencia queda nos nosos corpos e corazóns.