Os grupos de 2º e 3º ESO veñen de rematar a súa viaxe de inmersión lingüística en Dublín, conviviron durante oito días con familias irlandesas aproveitando para mellorar a súa fluidez na lingua inglesa e coñecer de primeira man os costumes e aspectos básicos da cultura irlandesa. Tiveron ocasión de gozar da beleza das verdes paisaxes da Illa Esmeralda, percorrendo as montañas do condado de Wicklow, os lagos de Glendalough e os Cantís de Howth. Un percorrido pola cidade de Dublín descubriulles todos os segredos da capital e unha visita ao Castelo de Malahide complementaron a semana. O aproveitamento do programa de clases e actividades plasmouse na presentación de distintos proxectos grupais o derradeiro día de colexio en Irlanda.