Atención Personalizada
En Galén, para dar unha resposta educativa de calidade, poñemos en marcha unha serie de estratexias para coñecer a realidade de cada individuo, os seus intereses, capacidades e o seu estilo de aprendizaxe, e desenvolvemos actividades encamiñadas a sacar o máximo potencial no plano intelectual, persoal, afectivo e social.
Neste centro a orientación educativa, coordinada pola orientadora, é tarefa de todo o profesorado.
Como o conseguimos?
- Mantemos entrevistas individuais e colectivas co alumnado e a familia ao longo do curso.
- Traballamos todo o profesorado de forma coordinada en reunións de curso, etapa, seminarios, departamento de orientación…
- Adaptámonos as necesidades curriculares do noso alumnado.
- Entendemos a avaliación como un proceso de mellora continuo e individualizado.
- Fomentamos o traballo colaborativo en grupos heteroxéneos e con proxectos interdisciplinares de investigación.
- Contamos coa colaboración activa das familias no proceso de ensino aprendizaxe.
- Desenvolvemos un programa de intelixencia emocional.
- Contamos cun plan de convivencia no que fomentamos a implicación do alumnado na resolución de conflitos.
