Galén participa anualmente en actividades complementarias que forman parten da programación anual das diferentes materias. Son actividades que se levan a cabo en periodo lectivo.
Creemos que as actividades COMPLEMENTARIAS melloran o nivel educativo, as relacións interpersoais e aumentan a motivación do alumnado
Con elas apoiamos o desenvolvemento integral e propiciamos o achegamento da escola á realidade social.
Abrimos as portas ao exterior realizando numerosas saídas didácticas durante o curso, de interese socioeconómico, científico-tecnolóxico, paisaxístico, cultural e ecolóxico, visitando os principais museos e as fundacións de Galicia con motivo das exposicións máis importantes e mantendo o contacto co mundo industrial a través de visitas a empresas representativas da nosa provincia.
Tamén promovemos como parte da vida cotiá de Galén a asistencia a representacións teatrais, concertos e a outros eventos, como modo de integrar ao alumnado no noso contorno sociocultural. Organizamos conferencias e coloquios que abarcan desde a conmemoración de acontecementos históricos ata os temas de actualidade.
Galén, ademais dunha sólida formación académica promove que os seus alumnos e alumnas se convirtan en persoas críticas e que participen activamente na sociedade.