Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

5º de EP na Cociña

Hoxe cociñamos nós;

Como xa vai sendo habitual todos os anos tocounos cociñar. O reto era moi especial; tiñamos que elaborar un menú saudable, que incluíse acelgas (xa que foi a verdura que cultivamos o ano pasado) e ademais que resultase atractivo e apetecible para todo o cole. Mans á obra! O primeiro que fixemos foi decidir o menú; de primeiro un puré de acelgas, de segundo pinchos morunos de polo e pementos acompañado con arroz e de postre torta á laranxa. O Mércores pola tarde tiñamos que deixar o postre preparado; exprimimos a laranxa, mesturamos todos os ingredientes , metemos ao forno e biscoito de laranxa listo. O xoves pola mañá volvemos á cociña para preparar os espetos; cortar as verduras e montar os pinchos. Canto traballo!!!!! Unha vez preparado todo era o momento de servir o suculento menú. Dividímonos por grupos e atendemos todas as mesas; parece que tivo éxito xa que case todos querían repetir. Así da gusto, xa estamos desexando que sexa o curso que ben para repetir.

IMG_8820