Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Participación das Familias na aula

A finais de outono tivemos outra colaboración especial da familia de Sabela L.

E non foi na aula, senón que fomos a visitar aos avós de Sabela á súa casa na aldea. Alí pretiño puidemos ver un muíño de auga de hai centos de anos onde se moía o grao grazas á forza do regato que por debaixo pasaba e coa súa auga movía as moas de pedra. Aínda que paar nós é algo bastante lonxano tanto no tempo coma no seu uso, gustounos velo de preto e estar dentro dunha construcción tan antiga.

Ademais puidemos ver aos animais da casa: un canciño moi xoguetón, unha cadeliña moi velliña pero con gana de atopar toupiñas na terra, pitas, coellos  e porcos. Observamos, preguntamos moito e gozamos dese contacto real co medio rural e os seres que o habitan. Tamén puidemos facer unha recollida de elementos do bosque propios do outono: castañas, cogomelos, follas e flores propias da estación.

E….tamén repuxemos forzas con un delicioso almorzo que nos prepararon entre os tres: avós e papá de Sabela e amosáronnos a casa vella coa súa lareira e forno.

Moitísimas grazas por todo, foi un pracer compartir momentos especiais en un lugar tan especial!!!

Deixámosvos aqui a galería de fotos

—————————————————————————————————————————————————————–

A mamá de Dani veu a visitarnos e a pasar con nós unha tarde moi divertida. Leunos un conto de arañas, en inglés por suposto, xa que ela só coñece esta lingua.

Despois fomos ao patio a facer un xogo de busca do tesouro,  que, a que non sabedes o que era? ARAÑAS!!!. Estaban todas agochadiñas en distintos lugares, no areiro, na árbore, nas fiestras…

Grazas Ana por agasallarnos cunha tarde tan divertida.

Hai  unhas semanas pasou unha tarde con nós a mamá de Alonso. Como somos a clase das  Arañas veu a contarnos moitas cousas sobre estes bichiños, que non son insectos!!. Contamos as patas que tiñan, os ollos; vimos para que utilizaban a tea de araña e tamén os berces que facían para os seus bebés.

Ademais poidemos observar unhas arañas que nos trouxo, algunha xa comezara a tecer unha tea dentro do bote,  que interesante!y

Moitas grazas a Henar por compartir con nós un anaquiño do seu tempo.

Aquí vós deixamos estas fotos

A implicación das familias na vida escolar é fundamental de cara a conseguir unha boa integración das nenas e nenos nas aulas para isto é necesario que todos, nenos e nenas e grandes, consideren o cole un lugar seguro, amable e aberto. Así, as nosas aulas están sempre abertas e con gana de recibir á familias para facer cousiñas con nós. Ás veces, a colaboración pode ser no propio centro e outras veces saímos fóra para coñecer o contorno cercano da man de persoas moi especiais!!!

Para nós é fundamental contar co voso apoio e establecer vínculos  a través de actividades especiais compartidas, a través do contacto diario na porta da aula e do diálogo constante para poder acompañar da mellor maneira posible a aventura que é medrar ao carón dos nenos e nenas. A familia Galén medra acompañádonos e aprendendo unhas das outras.

As nosas aulas están abertas ás familias para facer cousas do máis variado e esperamos todas con ilusión a vosa visita.

Este curso inaugurámolo ben prontiño coa visita do papá de Gadea, aló polo mes de setembro, para facer unha sementeira de plantas aromáticas: azafrán, menta, macela e romeu.

Falamos das diferentes plantiñas, dos usos que se lle poden dar na cociña, as infusións, como ingredientes de xabóns, perfumes etc…..

Preparamos os sementeiros e etiquetámolos cos nomes das plantas para así despois de postas as sementes saber que estaría medrando en cada un dos oquiños. Observamos a diferencia xa nas sementes e….mans á terra!!!! Terra, sementes, auga, moita ilusión  e…..a esperar.

Grazas Jonatan pola visita, pola experiencia e por acompañarnos nunha mañá tan xardineira.

Deixámosvos aqui as fotos.