As nenas e os nenos de Infantil fomos ao Museo, para converternos en artistas cavernícolas. Para ser verdadeiros artistas rupestres tiñamos que saber como vivían, que comían, como se quentaban nos fríos invernos…. E despois disto xa estabamos preparados e preparadas para pintar as obras máis orixinais. Dentro dunha cova creada para a ocasión pintamos bisontes, lanzas, figuras humanas e asinamos a obra debuxando a nosa man.
Foi divertido volver ao Paleolítico, e deixar a nosas pegadas.