Inmerso de cheo nas Xornadas da Cultura, o alumnado de 1º e 2º da ESO vén de desenvolver a XIV Liga de Debate, que este ano xirou ao redor redor do seguinte tema: “A idade para ter redes sociais ronda os 14 anos. Hai que esperar a esa idade para ter móbil?” Trala elección do tema nos dous grupos, iniciaron o proceso de preparación xa durante a Semana Santa e continuaron nas sesións de Lingua Galega e Lengua Castellana durante estas semanas. Realizáronse os debates en dúas quendas: unha primeira quenda por separado en 1º e en 2º ESO, da cal saíron dous equipos finalistas. A colaboración do alumnado de 3º e 4º ESO, que xa ten experiencia nesta actividade, foi moi agradecida e valiosa como xurado dos debates, onde valoraron, aconsellaron e felicitaron a estes dous grupos pola intensidade e o bo desenvolvemento da actividade.
A esperada gran final tivo lugar hoxe luns 9 de maio, ante o grupo de 6º EP que asistiu como público para facer unha toma de contacto co que o vindeiro curso será un dos proxectos nos que participen. O equipo declarado gañador foi o de 2º ESO. Non obstante, todo o proceso foi unha continua evolución e aprendizaxe, ao tempo que deixaron ver a entrega total no proxecto.
Parabéns aos dous grupos!