O alumnado de 1º ESO durante o primeiro e o segundo trimestre estivo levando adiante un xornal como proxecto desenvolto desde as áreas de Lingua Galega e Lengua Castellana en codocencia, inserindo no mesmo contidos das respectivas programacións traballados desde unha perspectiva diferente.
Foron xornalistas, reporteiros, humoristas gráficos, correctores, entrevistadores, publicistas … e sacaron adiante un excelente traballo, cun excelente proceso ao longo destes meses. Mirade, senón, o resultado botándolle un ollo ao xornal que compuxeron como produto final do proxecto que atoparedes nesta ligazón: https://sites.google.com/view/xornal1eso/inicio