Fai uns días na clase de música da clase dos Dragóns e da clase de 1º Ep tivemos a sorte de contar cun concerto didáctico en exclusiva.
Viñamos de investigar nas anteriores clases como son e como soan algúns instrumentos das diferentes familias: o piano, o violín, o contrabaixo, o xilófono, … E para ensinarnos como funcionan os instrumentos de vento viñeron dous “grandes clarinetistas” , polo menos para Xabi e Antía seguro que son os máis grandes.
Nuria e José Luis ensináronnos as diferentes partes e segredos do clarinete para logo tocar os grandes éxitos que todos e todas coñecen. Pasámolo xenial e aprendemos un montón sobre o clarinete!
Moitísimas grazas Nuria e José Luis!