Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

2º da ESO cociña un menú alemán

O pasado xoves os alumnos e alumnas de 2º da ESO cociñamos para o resto dos nosos compañeiros de Galén. Preparamos un menú moi especial, preparatorio para a viaxe que iniciaremos a próxima semana: nos imos a Alemania!!! Desexosos como estamos de partir e vivir as experiencias que nos depara a esperada viaxe non podiamos escoller outro menú que non estivese inspirado na gastronomía alemana. Así que ahí vai a elección de pratos:

1º PRATO DEUTSCH SALAT
2º PRATO BRATWURST MIT KARTOFELBREI
POSTRE APFELSTRUDEL

 

Comezamos coa elaboración do postre a tarde anterior; un riquísimo biscoito que leva compota de mazá e améndoa molida por riba…

Menu Alemán - postre1

Menu Alemán - postre2Menu Alemán - postre3

A mañá seguinte continuamos coa elaboración do primeiro e segundo prato.

 

DEUTSCH SALAT:

Unha saborosa ensalada, que leva pexegos cortados en xuliana, aceitunas verdes, leituga, bonito, cebola e queixo. Esta é unha ensalada moi típica en Alemania que se sirve habitualmente en racións individuais.

Menu Alemán - prato1
Menu Alemán - prato2

 

BRATWURST MIT KARTOFELBREI:

Esta foi a nosa elección para o segundo prato, un sinxelo prato consistente nunhas salchichas acompañada por bolas de puré de pataca.
Pasámolo moi ben cociñando, pero igual de divertido foi servir os nosos pratos ao resto de alumnos e alumnas do centro. Nos repartimos por turnos e zonas no comedor e fixemos de metres!

Menu Alemán - comedor1

Menu Alemán - comedor4

Menu Alemán - comedor3

Nós o pasamos moi ben, e agardamos de que todos disfrutásedes da comida!!!