Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Halloween

Non nos esquecimos, non. Deixámosvos o vídeo do festival de Primaria e ESO.

 

Hai unhas semanas  coincidindo coa festividade de Halloween levamos a cabo unha  serie de actividades para conmemorar este acontecemento de orixe celta que na actualidade se celebra principalmente nos Estados Unidos, Canadá, Irlanda, Reino Unido e dende hai uns cantos anos no noso cole tamén. 

As actividades comezaron o luns, o alumnado de 6º de Primaria realizou un obradoiro de recollida de cabazas no horto para a posterior elaboración dunha crema de cabaza que  todo o alumnado degustou o día de Halloween. “Terroríficamente delicioso”

O Mércores, o alumnado de 4º E.S.O axudou a 3º, 4º, 5º e 6º de E.P a realizar un obradoiro de cabazas. Todos e todas gozaron moito deseñando e dando forma ás máis orixinais e espeluznantes cabazas. Unha vez rematadas as nosas “Jack O´Lantern” espuxémolas no comedor e na entrada do cole. Todo quedou decorado de medo

O día da festa todo o cole viuse involucrado nun proxecto conxunto no que realizamos diferentes actividades. A primeira hora  completamos  un libriño de actividades lúdicas con sopas de letras, encrucillados e  lecturas sobre a orixe desta festividade. Aprendemos moitísimo vocabulario de  Halloween!!!!

Tampouco faltaron os obradoiros de maquillaxe no que os alumnos e alumnas de 4º E.S.O. viñeron a maquillarnos. Menudos artistas que temos no cole !

Outro clásico é o FESTIVAL DE HALLOWEEN. Colaboramos entre todos os cursos de primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O para levar a cabo un festival no que todos e todas preparamos actuacións para mostrar aos nosos compañeiros e compañeiras; cancións de Halloween, rimas, incluso un grupo explicou as orixes desta festividade, todo en inglés, por suposto….

Mónica e Uxía de 4º E.S.O presentaron o show e a verdade é que o fixeron moi ben. Bruxas,  esqueletes, vampiros, fantasmas, cabazas, morcegos, científicos locos e ata algún  Michael Jackson….

Despois do festival voltamos ás nosas clases para ir facer o truco ou trato entre os distintos cursos do centro,

Xa pola tarde, sesión de cine. Películas de Halloween para pasar unha tarde de medo.
Por un día a cultura anglosaxoa foi a protagonista e para todos nós foi como estar celebrando esta festividade como os nativos deses países o farían pero sen saír de GALÉN.