Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Halloween en Galén Nursery School

Hello everyone,

Como ben sabedes hai uns días foi Halloween, e un ano máis, celebrámolo dende a área de inglés por todo o grande. Tedes moitas fotos e incluso un video no que podedes ver o ben que o pasamos e  moreas de cousas que fixemos ao longo de varias semanas para adentrarnos nesta temática tan festiva.

pre halloween 2

1. Learning games

pre halloween 1

Por unha banda, e para comezar, traballamos o vocabulario como sempre facemos mediante xogos, contos, videos e…como non! mediante cancións. Os xogos que fixemos foron moi variados: parellas de memoria, escondemos tarxetas pola clase para despois buscalas, carreiras de arañas soprando a través dunhas coloridas palliñas, e mesmo practicamos un xogo super típico anglosaxón que as nosas profes Ana e Selene nos tiñan preparado para o día da festa e que consiste en meter a cara nunha tina ou bol con auga e mazás flotantes e collelas únicamente coa boca, sen axuda das mans. Non é tarefa sinxela….Xa vedes, aprendemos o vocabulario como máis nos gusta: xogando.

Tamén fixemos arañas de la para colgar e decorar a aula e algúns dos contos que lemos foron: Surprise, Hide and Seek, Halloween ABC, The Night before Halloween…

Cada grupo tiñamos a nosa cancion, e cantámola todos os días para vivila a tope….e aínda seguimos a cantala unha semana despois da celebración!!

Vimos tamén a peli  Hotel Transylvania 2 para a  que non podian faltar os flocos de millo, que sempre lle dan máis interese ao filme. Foron unhas semanas tan intensas que mesmo ideamos e fixemos os nosos propios disfraces.

3. Creating our costumes

Skeleton Band

O mércores pola tarde tivemos a sorte de contar con moitas familias para o obradoiro de cabazas. Traballamos máis de medio centenar de cabazas e todas elas foron diferentes. Foi unha gozada poder ter con nos áos nosos papás, mamás, avós e avoas creando os nosos Jack-O’-Lanterns. Na clases dos mouchos incluso nos amosaron que con bicarbonato, xabón e unha vela podemos conseguir unha cabaza babosa. Foi moi divertido!

6. Pumpkin craft

collage 2

4. Pumpkin craft

collage1

5. Pumpkin craft

collage 3

O día anterior á festa, na clase dos Mouchos e dos Planetas puxémonos coas mans na masa e fixemos máis de 200 dedos de bruxa, para poder comer de sobremesa o día da festa. Estaban boísimos e é que as nosas profes, non só saben inglés e dar clase de marabilla, senón que teñen unha morea de receitas deliciosas. Que galletas mais saborosas!

collage 2

7. Yummy witch fingers

collage 1

8. Creepy witch fingers

E para rematar….que dicir do día da festa? Que foi xenial!! Para algúns foi a nosa primeira vez celebrando esta festividade e tamén actuando con público, pero foi sen dúbida un día importante e divertido. Tanto que xa agardamos impacentes ao ano seguinte para celebralo de novo.

Ao rematar a actuación, e despois do Trick or Treat, saímos á pista a comer as lambonadas  e a xogar a xogos tradicionais ingleses. Logo de coller a mazá do bol de auga, había que meter a cara mollada nun prato con caspa de bruxas e vampiros. Tamén había unha caixa secreta na que meter a man e que por sorte tiña froita dentro… e mesmo puidemos probar unha poción de bruxa que prepararon a clase dos planetas pola mañá,e que pese ás pintas, estaba deliciosa e viña moi ben para refrescarnos nun día tan intenso como soleado.

10. Partyyyyyy

9. Partyyyyy

Agardamos vos gustasen as fotos tanto como a nós as actividades deste Halloween 2016.

Until next time, have fun!