Hoxe os nenos e nenas de 6° EP cociñamos!!
Escollimos un menú no que a cabaza era o noso ingrediente estrela, xa que foi o que recollimos este ano da horta. O resultado foi de primeiro uns macarróns con salsa de cabaza e queixo, de segundo tiras de polo ás tres salsas e de sobremesa brownie. Para chuparse os dedos!!!
Non só fixemos de cociñeiros e cociñeiras senón que tamén servimos aos nosos compañeiros e compañeiras. Foi todo un éxito!
E ademais aprendimos e gozamos un montón.
Deixámosvos un vídeo para que vexades o resultado deste día marabilloso.