O alumnado de 6º EP e 2º de ESO visitou a escola da Federación Galega de Piragüismo.
Despois de coñecer un pouco máis de preto o deporte e a súa técnica, puideron poñer en práctica eses coñecementos.
Trátase dun deporte que se practica no medio natural acuático e que proporciona unha integración completa entre actividade deportiva e o medioambiente.
O bo tempo e o carácter lúdico recreativo fixeron que a xornada fose un día para recordar.