Un ano máis, rematamos con éxito o intercambio cos institutos daneses de Skive e Morso.
Nesta ocasión, a estancia non foi moi longa pero si moi intensa e enriquecedora.
Tivemos a ocasión de participar en diferentes talleres de lingua, música e baile tradicional, xogos populares etc… tanto en Galén como en Lugo, visitando o centro histórico a través dunha app creada específicamente para coñecer a cidade; Ademais, fixemos un tramo do camiño de Santiago, visitamos a catedral e o centro histórico da cidade e gozamos do fin de semana en familia.
Finalmente, rematamos cunha cea de despedida na que nos fixestes chegar unha valoración moi positiva do intercambio.
Moitas grazas, unha vez máis, a todos e todas… alumnado, familias e profesorado, porque sen vos non sería posible vivir esta experiencia.