Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

DEX AT SABELA L., AITANA and ÍO’S HOUSE

Hello everyone,

A  semana pasada foi  moi intensa para Dex xa que foi á casa de 3 nenas da clase dos mouchos. E cada  día seguinte, anfitriona e convidado contáronnos o que fixeran e…… pasárono de marabilla. Podedes ver e ler con máis detalle a continuación.

 

SABELA L. & DEX

SABELA L. e mais Dex foron ao parque e xogaron moito. Dex contou despois que Sabela L foi moi agarimosa e atenta con el en todo momento. Logo foron  mercar a cea e Dex quedou durmidiño nunha silliña de paseo.

 

 

SABELA L. & DEX II

Ao rematar a cea, leron o conto de durmir de Maisy, e marcharon durmir. Logo de almorzar fregar ben os dentes e todos listos para ir a Galén.

Moitas grazas Sabela. Paseino moi ben contigo e a túa familia!

 

AITANA & DEX

AITANA e Dex marcharon do cole e foron ver á mamá de Aitana á clínica, e aproveitaron para facerlle una revisión completa e Dex non podería estar máis sano. Iuuupiii!! Dex comentou que tanto Aitana como Adriana foron moi cariñosas e suaves con el.

 

AITANA & DEX II

Xa na casa, xogaron a tope no xardín, xa que o día era para estar fóra. Pasearon no triciclo, xogaron á pelota, na casita da árbore de Aitana, nos columpios… Acabaron esgotados.

 

AITANA & DEX III

Despois da cea, e o aseo diario, non tardaron nada en quedar durmidos. Vaia día máis intenso!

Moitas grazas Aitana. Paseino xenial contigo e a túa familia!

 

ÍO & DEX

E para rematar a semana, Ío levou a Dex e fixo tan bo día, que en pleno marzo pudieron estar de manga curta no xardín rogando á pelota, ás agachadas, ao pilla pilla…

 

ÍO & DEX II

E logo de xogar, hai que repoñer forzas para xa na cama poder medrar, asentar os coñecementos e vivenzas do día e descansar e durmir.

Foi unha marabilla poder pasar contigo e a túa familia una tarde tan agradable. Moitas grazas Ío.