Hi again!
Como sabedes, hai dúas semanas que comezamos cos obradoiros internivelares. Hoxe queremos contarvos algunhas cousiñas dun deles: o de cociña.
Todos os luns un dos grupos dos obradoiros cociñamos en inglés! Despois de falar un pouquiño dos ingredientes que imos usar, poñémonos mans á obra e como “chefs” que somos elaboramos as receitas máis exquisitas!!
Comezamos cunha receita moi doce…M&M´s cookies pero imos facer moitas máis: salgadas, con espelta, con froita…empregando distintos ingredientes que nos ofrecen texturas moi diversas e resultados nada semellantes!
Agardamos que gocedes moito probando as delicatessens que con tanto agarimo fan os nosos little chefs e, sobre todo, que vos atrevades a facer as receitas na casa todos xuntos!
Deica logo 🙂