Hello everyone,
A semana pasada foi moi intensa para Dex xa que foi á casa de 3 nenas da clase dos mouchos. E cada día seguinte, anfitriona e convidado contáronnos o que fixeran e…… pasárono de marabilla. Podedes ver e ler con máis detalle a continuación.
SABELA L. e mais Dex foron ao parque e xogaron moito. Dex contou despois que Sabela L foi moi agarimosa e atenta con el en todo momento. Logo foron mercar a cea e Dex quedou durmidiño nunha silliña de paseo.
Ao rematar a cea, leron o conto de durmir de Maisy, e marcharon durmir. Logo de almorzar fregar ben os dentes e todos listos para ir a Galén.
Moitas grazas Sabela. Paseino moi ben contigo e a túa familia!
AITANA e Dex marcharon do cole e foron ver á mamá de Aitana á clínica, e aproveitaron para facerlle una revisión completa e Dex non podería estar máis sano. Iuuupiii!! Dex comentou que tanto Aitana como Adriana foron moi cariñosas e suaves con el.
Xa na casa, xogaron a tope no xardín, xa que o día era para estar fóra. Pasearon no triciclo, xogaron á pelota, na casita da árbore de Aitana, nos columpios… Acabaron esgotados.
Despois da cea, e o aseo diario, non tardaron nada en quedar durmidos. Vaia día máis intenso!
Moitas grazas Aitana. Paseino xenial contigo e a túa familia!
E para rematar a semana, Ío levou a Dex e fixo tan bo día, que en pleno marzo pudieron estar de manga curta no xardín rogando á pelota, ás agachadas, ao pilla pilla…
E logo de xogar, hai que repoñer forzas para xa na cama poder medrar, asentar os coñecementos e vivenzas do día e descansar e durmir.
Foi unha marabilla poder pasar contigo e a túa familia una tarde tan agradable. Moitas grazas Ío.