Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Party Day in the Urban English Camp!!!

Hoxe foi un día de moitas emocións no Urban!!!!

Emocións intensas preparando a festa de despedida da semana: os nosos “costumes”,  cookies con formas mitolóxicas…pero tamén sensacións diversas polas despedidas ou ganas de volver a semana que vén a pasalo igual ou mellor se cabe. Contámosvos o que fixemos:

Pola mañá démoslle os últimos retoques aos “Labyrinth” con imaxes que coloreamos de cabezas de minotaurs, monsters e outros seres fantásticos.

Despois do almorzo e algo de xogo libre preparamos unhas “delicious Cyclops cookies” with sugar,  butter, flour and eggs que comimos pola tarde na Party para a que nos enfeitamos cos nosos disfraces elaborados ao longo de toda a semana…..mirade nas fotos o chulos que nos quedaron!!!

Na festa gozamos da comilona de chuches, refrescos, zumes, xeados e das cookies….pero tamén da compaña dos novos amiguiños que fixemos, da complicidade das monitoras,  dos xogos no hinchable e do último día do campamento que sempe é moi moi especial.

A semana que vén moitos  nos reencontraremos e viviremos moitas aventuras con novos seres mitolóxicos que descubrir. Aos que marchan de vacacións  esperamos volver a velos o verán que ven. Grazas por confiar en nós para o voso tempo de lecer….Un bico!!

See you on monday!!!

Mirade que ben o pasamos hoxe!!!!

 

Hoxe a chuvia acompañounos toda a mañá, polo que decidimos ver un “film” deste mundo máxico de Mythical and Imaginary Beings. Estivemos con Peter Pan, Tinkerbell and Captain Hook na súa divertida aventura.

Despois desta sesión de cine, activamos os nosos corpos “playing twister” e pasámolo xenial facendo posturas co noso corpo e aprendendo as cores en inglés.

A tarde non foi menos divertida!!! fomos ao “gym” onde fixemos Olimpic Games. Xogamos a “relay races” é dicir, carreiras de relevos onde tivemos que superar percorridos e probas como encestar balóns, carreira de sacos, zancos, probas de puntería con aros e pelotas, carreiras de cabalos ou retos tan divertidos como facer un percorrido cun prato na boca sen que caia a pelota.

Xa vedes, a pesares do día desapacible e algo fresquiño, nós pasándolo xenial e convertémolo nunha xornada do máis especial.

Aquí vos deixamos as fotos desta intensa xornada deportiva

 

 

 

Today is Wednesday, it was a great day. Outro día máis investigando ao redor do mundo mitolóxico e das súas personaxes fantásticas.

Comezamos o día despertando o noso corpo con xogos de acción en gran grupo.

Despois grandes e pequenos participamos no Treasure Hunt resolvendo enigmas con pistas e alfabeto grego. Todo un reto para nós, pois non foi nada doado descifrar eses símbolos tan extraños…. e conseguímolo!!

Tamén rematamos os nosos laberintos e todos xuntos enbarcámonos nunha misión de decoración de caixas que logo se convertirán en cubos xigantes para un xogo ó redor do mundo mitolóxico. Estamos feitos uns artistas!!

Xa pola tardiña preparamos con moita ilusión outro dos complementos para o “costume” do venres: os Cyclops eyes. Estamos desexando que chegue o venres para podernos enfeitar como auténticos seres mitolóxicos….. Paciencia, xa nos verdes!!!

Polo momento, aqui vos deixamos as fotos de hoxe para que vexades todo o que fixemos e o ben que o pasamos.

See you soon!!!!

 

 

Xa estamos no segundo día de campamento no Galén English Summer Camp. Chegamos con moita enerxia e ganas de saber que sorpresas nos agardaban.

In the morning, cando chegamos e nos reencontramos de novo, vimos o video “Cyclops brothers” e tamén “Minotaur – I`m a monster” para meternos de cheo nas actividades de hoxe.

Xa sabedes o que nos gusta reutilizar materiais e contribuir a reducir os residuos do planeta, por iso nos obradoiros construimos un “Labirynth” reutilizando caixas de zapatos pintadas de cores. Mañá remataremos a nosa manualidade e poderemos xogar con ela.

In the afternoon we also danced, sang songs and during the afternoon we played different games cooperatively.

Foi de novo un día moi intenso cheo de acción e emoción. Mañá más.

Neste enlace tendes a galería das fotos de hoxe.

See you tomorrow

 

 

Hello, welcome to the Galén English Summer Camp!!!!

Este será o novo sitio a través do que poderedes ver o ben que o pasamos cada día. Esperamos moitas visitas.

Como hoxe foi o primeiro día de campamento comezamos o día coñecéndonos na “Assembly” e facendo “introduction games”. Tamén coñecimos ás personaxes mitolóxicas desta semana:ao Cyclops e ao Minotaur
Nos obradoiros construimos con material de refugallo un “maze cyclops” como complemento para un “costume” que imos lucir o venres na festa.
Pola tarde os maiores aventurámonos na carballeira nun “treasure hunt” e mentres os pequechos estivemos a modelar un ollo xigante para o Cíclope Xigante.
Rematamos o día con “cooperative games” onde todos e todas o pasamos xenial e quedamos con moitas ganas de volver mañá para continuar descubrindo cousas sobre estes seres mitolóxicos.
Neste enlace podedes ver as imaxes do día.

 

See you tomorrow