Queremos contarvos o proxecto chulísimo no que estivemos metidos os nenos e nenas de Galén Nursery School na última parte do primeiro trimestre e que inspirou tamén a nosa festa de Nadal.  Polo título xa podedes intuír algo non??’ Pois si, fixemos un proxecto ao redor deste  impresionante continente.

Como xa sabedes traballamos por proxectos, isto quere dicir que aprendemos ao redor daqueles temas que xorden na aula e que nos motivan, sobre os que queremos saber cousas e investigar. Así, damos respostas ás nosas inquedanzas, ás nosas preguntas e intereses e …conseguimos unha aprendizaxe realmente significativa e funcional….a verdadeira aprendizaxe en definitiva.

Pois ben, aqui o punto de partida eran uns compañeiros novos que estiveron este primeiro trimestre con nós: Karim e Safía que viñeron dende Uganda  a pasar unha temporada en Lugo.   Queriamos saber como era ese lugar onde vivían, onde estaba no mapa, que cousas comían, como era a súa música, en que idiomas se fala…… E que melllor momento para facelo que agora!! Así que…alá fomos a investigar.

Como en todos os proxectos fixemos un primeiro momento de indagar, coa conversa en gran  grupo, que cousas creiamos saber sobre África e cales nos gustaría descubrir.  Con esas inquedanzas buscamos materiais (libros, videos, obxectos, fotos…..) preguntamos ás nosas familias e pedímoslles colaboración   para ir á biblioteca, á librería, indagar en internet, a que nos contasen cousas para logo compartilas na aula……. E recompilamos moitas moitas cousas: contos, figuras de madeira, tapices, Atlas do mundo, mapas mundi, instrumentos musicais, fotos, animais…….

Ademais quixeron tamén vir a compartir con nós a súa viaxe por África o papá e a mamá de Galván. Con eles vimos videos de como bailan alí e intentamos reproducilo fixándonos en que moven moito os pes e a moita velocidade, ou que os deixan quietos e moven os ombreiros e as mans…pero sempre con movementos cara á terra, conectando con ela.  Tamén nos trouxeron unha ocarina africana á que lle intentamos sacar o son e que puidemos comparar con outra  galega que Ruco fixo soar con unha fermosísima melodía. Aprendemos moito e gozamos da súa agarimosa compaña. Grazas Ruco e Ania foi un pracer.
Fam Galván1
Fam Galván 2

Despois de tanta investigación tiñamos unha chea de ideas que facer. E puxémonos mans á obra!!!

Fixemos un mural co mapa do continente onde marcamos as diferentes paisaxes e ecosistemas: deserto, sabana, selva e as montañas, ríos  e lagos.  Marcamos Uganda e Kampala a cidade onde viven Karim e Safía coa súa familia. Investigamos sobre os animais de cada ecosistema e tamén sobre as variadas culturas que viven nas diferentes zonas. Chamáronnos moito a atención os Masais e Karim e Safía puideron contarnos o día que estiveron con eles así como compartir con nós unha foto na que están acompañándoos.
INVESTIGAMOS
2″>INVESTIGAMOS 2
muralÁFRICA
Aziz, o papá de Karim mandounos dende Tanzania (onde el naceu) cancións en Swahili, a súa lingua materna,  e como había unha que falaba da montaña máis alta, o Kilimanjaro,  que tiñamos xa localizala no mapa, quixemos aprendela para poder cantala xunto cos rapaces e rapazas de 5º de EP na festa de Nadal.

E na cultura Masai quixemos inspirarnos para elaborar os traxes para enfeitarnos este día, os colares que fixemos a partir duns platos de papel e brazaletes con tubos de papel hixiénico. Quedaron xenial e ademais cantamos de marabilla. Non credes??
 Imagen PicMonkey>
BRAZALETES
COLARES AFRICANOS
FONDO TRAXES
<https://www.flickr.com/photos/93505666@N05/32128238031/in/dateposted-public/” title=”TRAXE FONDO”>TRAXE FONDO
ESTAMPAMOS

E por suposto quixemos saber tamén que comidas ricas atopariamos nunha viaxe por África. Os sabores e olores tan diferentes aos que nós estamos afeitos nos sorprenderon moito. Quixemos facer un  doce que nos encantou: Mandazi. Buscamos a receita nun libro que nos trouxo a mamá de Karim e……quedáronnos riquísimos,mmmmm.
MANDAZI
mandazi 2
MANDAZI 3
PROBAMOS MANDAZI

E como broche final tivemos a visita do papá e a mamá de Karim. Aziz contounos cousas moi interesantes e trouxonos fotos deles na praia de Zánzibar, nas montañas, no mercado. Vimos os povos pero tamén descubrimos as cidades con grandes edificios e cheas de coches e concluímos que en África non só hai animais salvaxes senón moito moito que descubrir. Grazas Diana e Aziz pola vosa colaboración e por compartir con nós este primeiro trimestre. Foi un pracer aprender con vós e tervos ao noso lado. Botarémosvos en falta. Esperamos poder seguir en contacto e vernos de novo pronto.
Fam. Karim Safía1

Podedes ver o video coa canción de Kilimanjaro que cantamos o día da festa de Nadal na páxina do cole:

Festival Nadal e chegada dos Reis

Foi un proxecto chulísimo. Grazas familias pola vosa colaboración!!

 

 

Guardar