Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Perfume Lembranzas do Bosque, 2º ESO en GALICIENCIA 2013

Este proxecto levado a cabo por 2º ESO foi seleccionado entre moitos colexios de Galicia para participar en Galiciencia.
Galiciencia é unha Feira de Ciencias que ten lugar en Ourense, é organizada polo Parque Tecnolóxico de Galicia, e ten como obxectivo animar aos estudantes galegos a realizar proxectos tecnolóxicos, científicos e de investigación.
Pareceunos boa idea presentar Lembranzas do Bosque, e encantoulles.
Así que no mes de Novembro, dous representantes da clase acudirán a defender o traballo a Ourense. Son Carlos López Labandeira e Marieta Orol Chao, que foron elixidos polos seus compañeiros. Pasarán tres días alí,  20, 21 e 22 de Novembro, convivindo con outros alumnos de toda Galicia que tamén foron seleccionados.
Asimesmo, organizaremos unha visita a Ourense para toda a clase co obxectivo de goza cos seus compañeiros da  experiencia.

Este é o enlace a Galiciencia 2012

NORABOA!!!!! E moita sorte!!!