Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

OPEN DAY- XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Familias, queredes coñecernos? Visitade o Centro na xornada de Portas abertas. Poderedes coñecer da man dos profesores e profesoras o noso proxecto educativo para as diferentes etapas de 3 a 18 anos. Haberá teatro en inglés ás 12.30, xunto cun obradoiro manipulativo dirixido aos máis pequenos, unha exposición de xogos matemáticos e un obradoiro de ciencia ás 11.30. O horario da visita esténdese entre as 10.30 e as 13.30. Podedes concretar unha hora chamándonos previamente ao 982265205. Se preferides outra data chamádenos. Non dubidedes en achegarvos. Agardámosvos.