O venres 29 de outubro celebramos o día de Halloween. Deixámosvos o vídeo de 3º a 6º EP. Fixemos manualidades, actividades sobre a orixe e vocabulario desta festividade, preparamos unha canción que interpretamos e bailamos e, mesmo, tivemos un menú escalofriante no que degustamos crema de cabaza, espaguetis Boloñesa e dedos de bruxa. Gozamos moito do día e xa estamos desexando que chegue o ano que vén para celebralo xa con toda normalidade.