Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Galén polo CLIMA

Galén sumouse á mobilización polo clima do 27 de setembro cunha proposta de actuacións que nos permita poñer de manifesto a situación de emerxencia climática que estamos a vivir.
Durante esa semana, decenas de presidentes e primeiros ministros, ademais de representantes de grandes compañías estivéronse a reunir no Cumio de Acción Climática na sede da Organización das Nacións Unidas (ONU), en Nova York, mentres milleiros de estudantes manifestáronse por todo o mundo para pedir que se tomen as medidas concretas necesarias para reducir rápidamente a cero as emisións netas de gases de efecto invernadoiro.
O venres 27 de setembro fixemos un acto reivindicativo que consistíu na lectura dun manifesto elaborado polo alumnado de 2º BAC e na montaxe dunha árbore humana na que puidemos colocar as mensaxes que desde Galén queremos enviar cara ao mundo.

 

 

Anterior

Seguinte