Fai un par de semanas que comezamos cos ambientes de aprendizaxe.
Os ambientes son espazos seguros onde os nenos e nenas desenrolan unha serie de habilidades básicas relacionadas coa lectoescritura, coa lóxica-matemática e o xogo simbólico.
A metodoloxía empregada nestes espazos é totalmente manipulativa e experimental -sempre a través do xogo.
Compartimos tres espazos diferentes, nos que nos mesturamos toda a etapa de infantil.
Aquí queda unha pequena mostra do noso día a día.