Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Aldeanova 2017

Os nenos e nenas de 3ºEI e 1ºEP vivimos a semana pasada unha aventura moi intensa. Estivemos tres días de viaxe cos nosos compañeiros e compañeiras e as nosas profes!!! si, si, como ledes…..unha grande aventura. Para algúns de nós era a primeira vez que pasabamos dúas noites fóra da casa e foi unha experiencia moi satisfactoria.

O mércores saímos do cole cara á praia. O sol acompañounos todo o día e puidemos gozar dos xogos coa area e da auga con moita intensidade.  Xantamos de picnic e antes de partir rumbo a Aldeanova comemos uns xeados que souberon a gloria.

praia
praia2
Playa
Playa2

En Aldeanova agardábannos María e Pepa para axudarnos a distribuír as nosas cousas nos cuartos e saír xogar un pouco. Despois da cea visitamos a casa vella onde puidemos ver aos seus pequenos habitantes….os morcegos.  Despois de tanta acción e tantas emocións os nosos corpos pedían descanso e …á cama. As dúas noites foron fabulosas, durmimos moi a gusto toda a noite e ata tivemos a visita do Ratiño Pérez!!

Os dous días seguintes estivemos  tamén moi atarefados:  limpar e alimentar aos animais (cabras, cabalos, poni, a vaquiña cachena bebé, á porca celta, coellliños, pitiñas, ovellas……) Auténticos granxeiros e granxeiras, xa vedes. Ademais das tarefas diarias fixemos obradoiros e aprendemos moitas cousas….mirade:

Granja1
Granja2
Granja3
cortes

E despois das tarefas de coidado…..Wilma e Pirata leváronnos de paseo. Que emocionante!!
peiteando a wilma
wilma5
wilma4
wilma3
wilma2
wilma1

Pirata
Tivemos tamén obradoiros moi moi interesantes: no planetario fixemos unha verdadeira viaxe espacial…
Planetarium
No castro xogamos a ser castrexos e castrexas, cada un coa súa misión no poboado: cazar, arte, alimentación, coidados….. e fixemos con barro os noso colgantes con simboloxía celta

Castrexos
castro

Tamén visitamos o apicuario onde Alex nos contou cousiñas sobre as abellas e puidemos visitar unha colmea cos traxes especiais antipicaduras.
Apicuario
abellas
Con Samu descubrimos como a enerxía do sol podemos utilizala no día día moito máis do que o estamos a facer. Vimos unha cociña solar e construímos uns pasteurizadores de auga.
cocina solarXa vedes cantas cousiñas fixemos e que intensos foron os tres días.  Aldeanova é un lugar xenial, cheo de sorpresas, natureza, animais e moi boa xente. Grazas a María, Begoña, Samuel, Pepa, Alain e Alex por facer que a nosa aventura fose tan tan especial…agardamos con impaciencia volver a vervos!!!