Proceso de Admisión
1
Contacto
Encha o formulario de contacto. Chamarémolo para informarlo ou concertar unha cita á maior brevidade posible.
2
Visita guiada
Os nosos coordinadores de etapa amosaranlles as instalación e explicaranlles todo sobre o noso proxecto educativo.
3
Inscrición e reserva de praza
Formalización da inscrición / matriculación no centro e reserva de praza para o novo curso escolar.
1. Contacto | Encha o formulario de admisión
Información
Oferta Educativa
No Centro Galén impártense clases de todos os niveis, desde Educación Infantil ata Bacharelato
Educación Infantil Galén Nursery School | 4º | 3 anos |
5º | 4 anos | |
6º | 5 anos |
Educación Primaria | 1º | 6 anos |
2º | 7 anos | |
3º | 8 anos | |
4º | 9 anos | |
5º | 10 anos | |
6º | 11 anos |
Educación Secundaria Obligatoria | Primeiro Ciclo | 1º | 12 anos |
2º | 13 anos | ||
3º | 14 anos | ||
Segundo Ciclo | 4º | 15 anos |
Título de Graduado en E.S.O.
Bacharelato | 1º | 16 anos |
2º | 17 anos |
Título de graduado en Bacharelato.
“Camiñando xuntos desde os 3 anos ata a Universidade.”
Prezos
Curso | Mensual | |
Educación Infantil | 379€ | *Factúranse 10 recibos íntegros (de setembro a xuño) en todos os cursos de 1º de educación infantil a 2º de bacharelato.
* Os pagos efectuaranse a través de domiciliación bancaria a mes vencido os días 29 ou 30 de cada mes.
*Para as familias con dous fillos matriculados no centro, o segundo fillo ten un 12% de desconto no concepto de ensinanza e con tres fillos matriculados, o terceiro fillo ten un 30% de desconto en concepto de ensinanza. |
Educación Primaria | 435€ | |
ESO 1º ciclo | 482€ | |
ESO 2º ciclo | 527€ | |
Bacharelato | 587€ |
Matrícula | ||
Educación Infantil | 345€ | * A matricula aboarase, unha soa vez, cando o alumno estea admitido no centro. |
Educación Primaria | 360€ | |
Educación Secundaria | 385€ | |
Bacharelato | 440€ |
Outros Servizos | Mensual |
Comedor (5 días semana) (servizo xeral) | 178€ |
Incorporación de alumnos
Información Xeral
Na secretaría do colexio darase unha primeira e xeral información en canto a horarios, prezos, documentación necesaria, clases opcionais, etc. enchendo unha solicitude previa dotada dun número de orde.
Previa petición de hora terán unha entrevista coa Orientadora do centro. O alumno acudirá á entrevista acompañado dos seus pais coas súas últimas cualificacións.
No prazo de tempo que se lles indicará durante a entrevista, serán chamados para a confirmación ou non da praza e, no seu caso, para que cursen a reserva definitiva
A inscrición provisional queda supeditada a entregar en Secretaria a documentación do centro de procedencia que acredite a situación escolar do alumno.
É necesario aboar algunha cantidade ao facer a solicitude?
Non, só se aboará a cantidade da matrícula unha vez aceptada e concedida a plaza.
Debe asistir o alumno ou alumna á entrevista persoal?
Si, sempre debe acompañar á familia na entrevista coa orientadora.
É necesario realizar algunha proba de admisión?
Non.
Cal é o horario de visitas?
Todos os días de luns a venres de 8:30 a 19:00 previa petición de hora.
Hai dificultades para conseguir plaza?
Dependendo do curso solicitado e da data na que se realice a solicitude. Póñase en contacto coa secretaría para verificar dispoñibilidade.
Dispón de uniforme o colexio?
Non, pero existe un chándal obrigatorio dende Ed. Infantil ata 2º ESO.
Debe solicitarse a renovación da praza todos os anos?
Si, no mes de marzo, deberase facer unha reserva da praza para o vindeiro curso, sendo un mero trámite de renovación.
Teñen os irmáns garantizada unha praza?
Non, teñen prioridade pero depende da disponibilidade de prazas.
Hai desconto por familia numerosa?
Si, o 12% no 2º fillo ou filla , un 30% no 3º.
Existe menú para alérxicos?
Si, dispoñemos de cociña propia que realiza e adapta os menús para calquer tipo de alerxia.
Qué inclúe o prezo?
– Ensinanza regrada.
– Ensinanza ampliada no horario e en contidos educativos:
* Idiomas
* Saídas dun día
* Reforzos
* Departamento de orientación
– Outros servizos:
* Almorzo media mañá
* Merenda alumnos e alumnas de actividades extraescolares.
Que non inclúe?
– servizos dentro da educación regrada
* libros de texto, cadernos,… ( ESO e BAC)
* viaxes de estudos e estancias de máis de un día
* comedor
* transporte
– escola de música, Cantarela
– escola baloncesto
– campamentos de verán
– english club, english school.
– e outras actividades extraescolares.
Que horario ten o centro?
En Educación Infantil e Educación Primaria o horario será de 9:15h a 16:50h.
En 1º e 2º da ESO de 8:50h a 16:50h.
En 3º e 4º da ESO e 1º BAC de 8:50h a 14:20h e luns e mércores de 15:15h a 17:00h.
En 2º Bac de 8:50h a 14:20h e luns de 15:15h a 17:00h
Que facer no caso de retraso ou enfermidade do alumno ou alumna?
Chamar ao centro e avisar do que ocorre.
Existe ampliación horaria?
Si, Ten lugar todas as mañás de luns a venres en horario de 8:30h a 9:15h, podendo solicitala dende as 7:30h para os nenos e nenas dende 1º de EI ata 6º EP no que poderan almorzar e realizar diversas actividades.