Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Xornadas informativas sobre o acceso á Universidade

Continuamos co proceso de orientación académica do noso alumnado de 2º BAC. En decembro acudimos a Unitour, a feira de universidades,  na Coruña.

O luns 16 de decembro organizamos a nosa propia feira máis personalizada e á que acudiron non só o noso alumnado senón tamén as familias.

A media mañá houbo unha charla ao redor dos criterios que se deben valorar á hora de escoller Universidade e pola tarde entrevistas en pequenos grupos cos representantes de Universidades públicas e privadas.