Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Intercambio París 2016

Aquí podedes acceder á galería de fotos.

Do 4 ao 10 de abril o grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO viaxou a París para atoparse cos seus correspondentes franceses. A viaxe foi moi agradable e tivemos bo tempo .
Visitamos a Catedral de Notre Dáme cos seus enormes rosetóns e os incribles arbotantes e a Conciergerie, antigo pazo de reis e máis tarde cárcere de Marie Antoinette e de numerosos guillotinados.
Paseamos polo Quartier latin e fomos ata o Centre Pompidou e o barrio de Les Halles onde puidemos facer un pouco de shopping.
Visitamos tamén o Chateau de Versailles: paseámonos polos cuartos dos Reis , a Galería dos espellos e os inmensos xardíns.
Gozamos de Le musée du Louvre: a Gioconda, a Vitoria de Samotracia, A Venus de Milo, os sarcófagos exipcios, os xardíns du carrusel… Demos un paseo polas beiras do Sena para coller un barco que nos permitiu apreciar a monumentalidade de Paris.
Visitamos a Tour Eiffel e paseamos ata l´Arc de Triomphe e os Campos Elíseos onde aproveitamos para facer algunhas compras.
Durante a fin de semana as familias levaron aos nosos mozos a Montmartre, o barrio dos bohemios ou a Disneyland París.
Todos gozamos moito e apreciamos a calorosa acollida das familias francesas. Agora quédanos recibilos a última semana de maio na nosa cidade. Estámolo desexando