Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Visita a Monbus

Fai uns días os nenos e nenas de Infantil visitamos a nave de Mobus acompañados de Rafa e Alba, papá e mamá de Teo e xunto co seu avó Raúl.
Amosáronnos todas as instalacións: a oficina, a nave onde traballaban os mecánicos, o lugar onde pintan os buses,…. pero para poder ver todo isto, primeiro fixeronnos entrega dos nosos “pases de visitantes” coa foto de cada un de nós. Foi toda unha sorpresa!!!
pases especiais

interior nave

Foi unha mañá moi emocionante!!! Raúl o avó de Teo contounos moitas cousas interesantes e a importancia do transporte público, sacou maquetas de buses e almorzamos con eles nunha mesa de reunións enorme.

almorzo en mombus

Subimos a un bus sen estrear e vimos un bus que tiña moitos, moitos anos.  As sorpresas continuaros e descubrimos que  en Monbús tamén tiñan un tren…. mirade , mirade!!!
bus con moitos anos
Tren Mombus

Estivemos moi atentos e atentas e encantounos ver como se lababa un bus  na máquina de lavado e foi do máis emocionante  cando o subiron ás pasarelas para lavar os baixos!! Despois so quedaba repostar  gasoil e…… listo para sair a recoller a xente e levala ao seu destino.
Lavar o bus
Repostar

Foi unha mañá moi intensa, pasámolo xenial e gozamos moito de todo o aprendido e da compañia de Alba, Rafa e Raúl e da xente que traballa en Mombus.

Moitas grazas por todo familia!!!
Foi fantástico!!! Bicos