Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Visitounos Diego

Mañá intensa con Diego Ferreiro Val. Vai para dez anos que marchou e veu contarnos que foi da súa vida: Universidade da Coruña, Universidade de Lovaina, Bélxica, e, agora, en San Francisco traballando en Salesforce como arquitecto de sofware, despois de pasar por Yahoo e outras compañías.

Estivo co alumnado de 1º e 2º BAC, contándolles como foi todo este camiño e as expectativas de futuro, moitas grazas Diego.