Lucía Amarelo, alumna de 1º ESO, gaña o 1º Premio Francisco Añón de poesía na categoría D para rapaces e rapazas de 12 a 14 anos, co poema Alzheimer.
ALZHEIMER
Todo o que sei,
Todo o que son,
Está na miña cabeza
Enterrado nun recuncho.
Plumas de tinta azul
Escribindo páxinas en branco,
Doces esperanzas, soños de tul
Xirando ao meu arredor.
Néboa
De soños destrozados,
Esperanzas en retallos,
Para sempres esvaecidos.
Promesas sen historia,
Xirando nunha noria,
Amantes separados,
Contos xamais contados.
Néboa avanzando,
Non sei se estou berrando
Ameaza con facerme esquecer de forma
Máis efectiva que o alcohol, mellor que calquera droga.
Néboa
De soños destrozados,
Esperanzas en retallos,
Para sempre esvaecidos.
Todo o que sei,
Todo o que son,
Remata de facer
Efecto no meu corazón.