Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Pleno Infantil

Hai uns días, os alumnos e alumnas de 6º E.P. acudiron ao concello para participar nun pleno xunto coa alcaldesa  de Lugo, Lara Méndez e a presidenta de UNICEF en Lugo, Mirian Garabito,  así como os compañeiros e compañeiras doutros coles, no que se debateron diferentes cuestións relacionadas cos Dereitos dos nenos e nenas.

Ao noso cole tocoulle traballar o dereito á participación. Previamente na aula  estivemos lendo a Convención dos Dereitos dos Nenos e fixemos un debate analizando aquelas cousas que hai en Lugo que fomentan ou aseguran cada un dos dereitos da infancia. Despois, fixemos unha reflexión sobre cada dereito e tamén presentamos propostas de mellora para que cada día máis nenos e nenas vexan cumprido ese dereito e, por último, formulamos preguntas á alcaldesa sobre o cumprimento dos Dereitos na nosa cidade.

Carolina, Joel, Christian, Jesús e Paula ocuparon os 5 escanos que nos correspondían  e deron a coñecer a todos os asistentes o traballo  que entre todos e todas elaboramos. Foi unha experiencia moi gratificante e  durante un anaco sentímonos como se nas nosas mans estivese facer do mundo un lugar no que os dereitos de todos os nenos e nenas fosen unha realidade.

 

Ademais, pasámolo moi ben.