Lucía Amarelo Ginzo gañou o Concurso de Poesía ANOMAR, da Asociación Los Tilos (Concello de Teo)
Primeiro premio (único) na categoría de 13 a 17 anos. PARABÉNS.
Deixámosvos o seu texto:
ATRAPADOS
Paso tras paso,
máis sangue,
máis llanto,
o camiño cara á finxida salvación.
Aguantar,
encerrados nun precipicio,
en terra de ninguén,
sen poder tocar a ansiada luz.
Día tras día,
desesperación contida,
tensión apagada,
incertidume gritada.
Para nós,
sentados nun sillón,
son caras na televisión,
esaxeracións de periódicos.
Un ano,
unha vida,
agardar un milagro,
unha oportunidade disfrazada de perigo.
As olas
vencen á barca,
as augas tínguense de vermello,
vólvense salgadas as lágrimas.
Corazóns que deixan de latir,
caras que se volven de mármore,
mortos pola enemistade de dous pobos,
mortos pola vagancia do noso.