Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Mañá de cine co O Apóstolo!!

Hoxe pasamos unha mañá de cine!! Fomos invitados á proxeción da película de animación   O Apóstolo e a unha charla impartida por Fernando Cortizo, director do filme e Isabel Rey, productora do mesmo.  Nos falaron de cómo se xesta un proxecto desta embergadura, cómo se planifica, cómo se realiza un storyboard, cómo se resolve mediante a animática , cómo se constrúe un boneco e de cómo se realiza a súa animación en stopmotion. Un traballo case titánico!! Fernando Cortizo nos comentou que apenas podían filmar máis 3 segundos de animación ao día!! 
Lembrade que fai algúns anos ( os alumnos de 4º de ESO cursábais 4º de EP) visitamos as instalacións da productora Artefacto en Santiago. Alí nos amosaron varios sets de rodaxe e todo o proceso de realización dun “boneco” preparado para a animación (partían dunha estructura articulada metálica recuberta por unha silicona)  así como a construcción de maquetas e decorados, por certo, espectaculares. 
O Apóstolo foi galardonada cun gran número de premios en diferentes e prestixiosos certames de cine. Para facernos unha idea, foi nominada en 2013 ao Goya por a “Mellor película de animación” e preseleccionada aos Óscar. O Apóstolo é ademáis a primeira longametraxe europea en stopmotion realizada en 3D. Participan actores como Carlos Blanco, X.M. Olveira “Pico”, Geraldine Chaplin, Jorge Sanz, Paul Naschy, Luis Tosar, Celso Bugallo, Isabel Blanco….prestando o seu rostro e os seus xestos, ademáis participaron na súa realización máis de cen técnicos internacionais que proviñan de filmes como “A Novia Cadáver”, “Coraline” ou “O Señor dos Aneis”.

Sipnose:
Un convicto recién fuxido de prisión tratará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha apartada aldea, pero o que alí  atopará supondrá unha condena maior da que conseguíu escapar.
Uns misteriosos anciáns, ánimas en pena e ata o mismísimo arcipreste de Compostela se interpondrán no seu camiño.






Aquí vos deixamos algúns vídeos de “cómo se fixo” . De seguro que apreciaredes a dificultade e o gran traballo que supón realizar un filme destas características, esencialmente artesanal.