O alumnado de 3º e 4º da ESO participante no Parlamento Xove 2014 vén de recibir esta semana os correspondentes diplomas de participación no mesmo. Participantes todos eles por primeiro ano nesa actividade, regresaron satisfeitos polo labor desenvolvido, así como pola experiencia adquirida para sucesivas convocatorias. Alí defenderon, por sorteo, a postura que lles tocou en cada un dos tres debates sobre o tema previamente marcado de “Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e nas diferenzas persoais?”. Tendo en conta o difícil que é preparar e manter ben argumentada unha postura marcada, sexa ou non a que compartas, hai que recoñecer o seu mérito e as horas de entrega á mesma. Novamente, PARABÉNS, RAPACES!
Etiquetas
... e mañá luns! Nós aínda estamos a traballar, pero para vós, rapaces e rapazas, comenzaron xa as , e este ano mái… twitter.com/i/web/status/1…
3 años haceE chegamos á recta final. 14 semanas foron xa de longo confinamento, moito traballo e esforzo. Os nosos rapaces e r… twitter.com/i/web/status/1…
3 años haceCatro, cinco, seis semanas, a comunidade educatica de galén estamos aquí. Verémonos pronto. en Galén Centro Educati… twitter.com/i/web/status/1…
3 años hace