Ola de novo!

Os nenos e nenas de Segundo de Primaria estamos moi contentos! Probi acaba de chegar a Galén!

Ademáis da tortuga, os nosos amigos e amigas de Grecia mandáronos moitas cousas para investigar e coñecer o seu país: postais, calendarios, fotos… Mirade cómo nos gustaron!

unnamed (4)

Agora, a nosa misión é ensinarlle a Probi moitas cousas sobre Lugo, Galicia e España para que lle poida contar todo á súa familia cando volva a Grecia. Dende este venres, os nenos e nenas de Segundo de Primaria, levarán a Probi con eles e sacarán moitas fotos e videos que despois compartiremos neste blog.

Enjoy 🙂

Ola familias,

hoxe traémosvos unha noticia internacional! Os nenos e nenas de Segundo de Primaria están participando nun proxecto de eTwining. Pero…antes de nada, que é eTwinning?

O programa eTwinning é unha iniciativa da Comisión Europea encamiñada a promover o establecemento de escolas xemelgas e o desenvolvemento de proxectos de colaboración a través de Internet entre dous ou máis centros de países europeos diferentes sobre calquer tema do ámbito escolar acordado polos participantes.

No caso dos nenos e nenas de Segundo de Primaria de Galén, o proxecto trata dun intercambio de mascotas de clase no que participan seis escolas de diferentes países europeos: Polonia, Grecia, Turquía, Francia e España. As mascotas, no noso caso Mike The Lion, viaxarán polos cinco países onde serán recibidos por unha familia de peluchiños que vive en cada un dos centro escolares. As mascotas permanecerán nos distintos países entre un e dous meses de maneira que cada un dos nenos e nenas de cada clase poida levar á mascota para a súa casa e ensinarlle un pouquechiño da cultura e do país que está a visitar.

Durante esas estancias, sacaremos moitas fotos e gravaremos videos que poderedes ver na nosa páxina, no apartado de noticias.

Pero…por que eTwinning? Que é o que imos a traballar e aprender con este proxecto?

  • Desenvolver as habilidades de lectura e escritura en inglés que comezamos o ano pasado có uso da metodoloxía Jolly Phonics.
  • Empregar unha linguaxe máis espontánea a través da comunicación con iguais con videos e videoconferencias.
  • Mellorar as habilidades relacionadas coas novas tecnoloxías de maneira colectiva e individual.
  • Fomentar a creatividad coa produción de debuxos, textos, fotos e videos coas mascotas.
  • Concienciar da importancia do uso do inglés en contextos reais e como forma de comunicación fóra da aula.
  • Coñecer outras culturas e promover o respeto cara ás mesmas e a propia.

En canto á posta en práctica do noso proxecto, polo de agora xa fixemos un video para presentarnos aos nenos e nenas dos diferentes países europeos implicados nel. Que ben o facemos! E que emoción cando vimos aos outros nenos e nenas contándonos cousas sobre eles e elas!

Mike The Lion tamén fixo un video para presentarse e que os nenos e nenas de Polonia, primeiro país que vai a visitar, saiban moi ben as cousas que lle gustan. Sobre todo no tema da comida! Ten unha fame felina!

Agora que xa temos todo listo, só queda desexarlle unha boa viaxe e que nos mande moitas fotos e videos das súas aventuras polacas! Have a safe journey Mike!

https://www.flickr.com/photos/93505666@N05/37620657966/in/dateposted-public/