Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Estadía 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO vén de realizar a habitual Estadía de Outono para esta etapa os pasados días 17-18 e 19 de outubro. Foron tres días de intensa actividade, tanto a nivel didáctico como a nivel persoal e de relación social cos compañeiros e compañeiras.

Arrancamos as xornadas cunha visita á Aula do Mar de Dexo (Mera), acompañada dunha rota polos acantilados do Seixo Branco e arredores, gozando dunha espectacular e impresionante paisaxe que o día nos quixo regalar cun mar lixeiramente embravecido.

Na mañá do xoves e do venres, adentrámonos no marco privilexiado e incomparable do bosque que rodea o colexio, para facer un estudo do mesmo: cogumelos, plantas, árbores, insectos, altura das árbores, humidade, temperatura, etc.

Polas tardes, desenvolvemos diversos obradoiros e actividades lúdicas: tiro con arco, fotografía, cociña con cogumelos, etc.

Ao longo da estadía, o alumnado contaba cun caderno de campo onde foi completando diversos datos de observación, investigación e valoración dos distintos aspectos que foron traballando.

Entre tanto, aínda nos quedou tempo para coñecérmonos mellor tamén entre nós coas actividades da noite: cine-fórum, agochadas… Toda unha experiencia de convivencia e aprendizaxe fóra das aulas, mais que continuou en diversos espazos de aprendizaxe.