Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Estadía de outono 1º EP

Ola familias:

A semana pasada as nenas e nenos de 1º EP tivemos a nosa “Estadía de Outono”  Que ben o pasamos….. e con bo tempo!!!

Comezamos a nosa estadía co teatro dunhas aves amigas que nos contaron un montón de segredos sobre elas e nos introduciron na aventura  dun xeito moi divertido.

Tivemos unha saída ao bosque na que puxemos as nosas gafas e atopamos un montón de cousas: un cranio dun corzo, unha pel de serpe, cogomelos,…. Canto aprendemos e gozamos do bosque!!

Ese mesmo día tivemos unha xincana na carballeira e un obradoiro das cores do outono. Para rematar a xornada unha duchiña quente, cea rica rica, sesión de cine e….sono reparador!!!

Ao día seguinte espertamos con moita enerxía e con sorpresa!!!! Tivemos a visita  do Ratiño Pérez  que lle trouxo a Mateo un agasallo moi especial: un trompo. Almorzamos  e preparámonos para irnos a Avifauna, cantas aves había e que diferentes….. estivemos no museo e aprendemos moitísimo!!!

Cando rematamos a nosa visita fomos comer a Penas de Rodas e a xogar alí!! Que espazo tan máxico, que bonito e canto xogamos!!!

Xa en Galén seguimos  o día cun obradoiro de cociña no que fixemos galletas e para rematar, despois de ducharnos e da cea,  tivemos unha festa na que preparamos unha fogata e os músicos acompañáronnos para bailar e gozar moitísimo.

Despois de durmir… amencemos moi contentas e contentos, preparámonos para ir ao bosque na procura de bichiños e animais , cantos atopamos!!!

Para rematar a nosa estadía fixemos unha gran asemblea e elaboramos os nosos libriños…… non queriamos marchar!!!!

Foi unha experiencia fantástica, pasámolo xenial, gozamos aprendendo moitas cousas  cos compañeiros e compañeiras e sobre todo gozamos da nosa contorna que é marabillosa.

Ata a próxima aventura!!!!!