Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Adestro Conciencia

Esta semana traballaremos en toda a Secundaria a II Fase Adestro Conciencia, o pasado curso desenvolvimos a primeira parte. Trátase dun proxecto de sensibilización e educación para o desenvolvemento social que pretende amosar como o deporte, a igualdade, o consumo responsable e o comercio Xusto comparten valores. Desenvoveranse no Centro diferentes charlas e actividades presenciais co alumnado e no corredor de entrada do Centro está expsta unha exposición ao redor do tema. A actividade rematará cunha conexión en directo coa TVG a mañá do día 16 de maio na que se amosará o traballo realizado.