Investigar sobre unha alternativa sostible que permitira a sustitución dos envases plásticos por outros cunhas características similares pero que foran elaborados a partir de materias primas renovables foi o que motivou o traballo do alumnado de 1º ESO durante este curso. María García e Diego Pérez, alumnos de 1º ESO do Centro Educativo Galén presentan o traballo BIOPLÁSTICO: UNHA ALTERNATIVA PARA O SECULO XXI en Galiciencia. Durante tres días amosarán a investigación realizada polo seu grupo de clase ao alumnado de toda Galicia. Falarán sobre diferentes biopolímeros de orixe orgánica, a creación de diferentes texturas, as súas propiedades físicas e os diferentes usos para os que poden ser destinados e a súa biodegradabilidade. O venres 10 o alumnado de 1º e 2º ESO viaxarán ata Galiciencia para acompañar a María e a Diego. Ademais poderán visitar a exposición e participar en diferentes obradoiros científicos