Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Atención Personalizada

En Galén, para dar unha resposta educativa de calidade, poñemos en marcha unha serie de estratexias para coñecer a realidade de cada individuo, os seus intereses, capacidades e o seu estilo de aprendizaxe, e desenvolvemos actividades encamiñadas a sacar o máximo potencial no plano intelectual, persoal, afectivo e social.

Neste centro a orientación educativa, coordinada pola orientadora, é tarefa de todo o profesorado.

Como o conseguimos?
  1. Mantemos entrevistas individuais e colectivas co alumnado e a familia ao longo do curso.
  2. Traballamos todo o profesorado de forma coordinada en reunións de curso, etapa, seminarios, departamento de orientación…
  3. Adaptámonos as necesidades curriculares do noso alumnado.
  4. Entendemos a avaliación como un proceso de mellora continuo e individualizado.
  5. Fomentamos o traballo colaborativo en grupos heteroxéneos e con proxectos interdisciplinares de investigación.
  6. Contamos coa colaboración activa das familias no proceso de ensino aprendizaxe.
  7. Desenvolvemos un programa de intelixencia emocional.
  8. Contamos cun plan de convivencia no que fomentamos a implicación do alumnado na resolución de conflitos.