Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

OBRADOIROS INTERNIVEIS

No obradoiro de Horto estivemos observando as follas no Outono.  Na carballeira e no patio hai moitas árbores, dende carballos até pradairos. Saímos coa intención de observar a natureza no outono e centrámonos na recollida de follas, que nesta estación están fermosas. Recollemos follas das distintas árbores, e poidemos ver que algunhas aínda tiñan as súas follas verdes, coma o carballo, e outras xa colleran un ton amarelo, vermello ou marrón, e tamén descubrimos que algunhas terían as súas follas verdes todo o outono e o inverno.

Cada un e cada unha de nós seleccionou aquelas que máis lle gustaron para logo indentificar  as árbores ás que pertencían: carballo, loureiro, castiñeiro, figueira…

Deixámosvos estas fotos para que vexades o que gozamos con esta actividade.

Os obradoiros constitúen unha estratexía metodolóxica activa, que ten en conta os intereses dos nenos e nenas, desenvolvendo  unha aprendizaxe cooperativa. Os seus antecedentes podémolos atopar nas propostas de autores  como  Dewey ou Freinet.

Neste tipo de proposta os espazos adquiren unha nova dimensión;  tanto a aula de referencia, que se converte  nun espacio  novo provisto duns recursos específicos, como  outros espazos do centro, invernadoiro, horto, patio, biblioteca..  que se converten en espazos educativos.

Os obxectivos  que se perseguen cos obradoiros son:

Desenvolver a curiosidade, a investigación e a creatividade.

Propiciar unha aprendizaxe significativa.

Facilitar a comunicación, tanto entre os nenos e nenas como coa mestra.

Adquirir hábitos  e normas que faciliten as dinámicas de grupo.

En definitiva, colaborar no desenvolvemento  global do neno/a.

En Galén iniciamos este trimestre con dous obradoiros interniveis: horto e experimentos , este último, en lingua lingua inglesa.

Participan os nenos e nenas de 3º de EI e 1º EP, que forman dous grupos que  van alternado cada  semana , e desenvólvense os luns pola tarde.  A partires do segundo trimestre incorpóranse tamén o alumnado de 1º e 2º de EI.

No obradoiro de Horto comezamos recollendo os tomantes e as cebolas que cultivamos no curso anterior. Tivemos moita sorte e atopamos un sapo e unha “familia” de saltóns.

Tamén nos achegamos á poza para observar as ras coa intención de coller algunha para observarla de preto pero non foi posible.

Aí van estas fotos