2º e 4ª de E.P celebramos así que chegou o outono! Cantos froitos recollemos e que marmeladas, marmelos…todo rico, rico!!.
Temos que agradecer a Marisol por deixarnos colleitar na súa horta centenaria, a Lola por compartir con nós os seus moitos saberes, desde espantar todo o malo afumándoo ata facer preciosas coroas coas cores e olores outonais. Pero sobre todo, darche as grazas a tí, Natureza, por ser acubillo e fonte de vida.